martes, 3 de septiembre de 2013

O MEU PROGRAMA FAVORITO:

        Onte o chegar a casa do instituto, deixei a mochila no meu cuarto, enriba da cama. Lavei as máns e sentei á mesa para comer . Miña nai xa estaba alí sentada, mirando o programa do corazón que poñen sempre antes do telexornal. Meu pai trouxo a comida.
        -Mmmm... hoxe toca espaguetis- pensei eu. A pasta é unha das especialidades do meu pai, ademais de ser unha das miñas comidas preferidas, xa que papá fai a salsa dunha maneira riquísima.
        Mentres o meu pai servía os espaguetis , miña nai servía a auga, pero sen deixar de escoitar unha reportaxe, un sobre un actor que morrera hai pouco, non sei que Leblanc, e ao que lle facían unha homenaxe nese programa. 15:00 comeza o telexornal e nos titulares o mesmo de sempre, que se a manifestación de non sei que , que se o politico de non sei cal, que se o futbol por aquí, que se a subida de impostos, que se  a crise, blablabla blablabla blablabla, sempre igual. É dicir, primeiro contannos o mal que vai o mundo Despois sacan a algún deses politicos que falan moito e non din nada. Se ese politico é do goberno , dirá que o seu partido terá que facer un recorte aos cidadáns para aforrar miles de millóns de euros (que logo irán aos seus petos), e de paso ensínannos como a típica máquina de facer diñeiro está a facer os miles e miles de billetes que farán ricos aos altos cargos, mentres ti pensas : "Ai , que de cartos! , e que ben me virían!. E se o politico é da oposición , dirá que el e o seu partido están en contra dos recortes que se están a facer, mentres todos pensamos que se fose o seu partido o que estivese no goberno faría exactamente o mesmo , e que con eses recortes feitos á poboación , el estará seguro de que o déficit estea no seu país , e non na súa conta corrente en Suiza .
        Despois sacarán a noticia dos deshaucios , e como sae a xente chorando das suas casas, e o policía detrás dándolle coa porra . Nesta parte do programa tan entretido sempre me pregunto o por que de que en vida se trate tan mal á xente , pero cando morre faiselle unha homenaxe; para min é algo tan curioso que nunca poderei entendelo.
        Tras todas estas inéditas noticias , xa por fin empeza a parte importante -eu diría que a de maior trascendencia-, o futbol. Todas esas noticias que a meirande parte da poboación xa sabe de memoria , aínda que , coma a min, non nos interese un pemento , porque non é a sección de de deportes, é a sección do deporte, xa que se fose a primeira opción darían noticias sobre varios deportes e non so do marabilloso futbol.
        E xa , despois disto chega a parte mais bonita e divertida do programa : esa sección que te separa do teu programa preferido, ou desa pelicula tan interesante; esa parte do telexornal que dua tanto que fai que as veces cambies de canle: o tempo. Unha sección na que o home ou a muller do tempo tarda uns 15-20 minutos en dicirche o tempo que vai facer hoxe mañán e pasado. Eu creo que é unha sección na que moi poucos prestan atención ao que se di , e moitos ao que se fai, é dicir, aos xestos que fai a muller ou o home do tempo.
        Eu non sei exactamente como se divirte a xente sen televisión, pero vendo o que hai nela non debe ter moita dificultade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario