Podo falar de sentimentos que me acompañan,
puñais que desgarran a existencia.
Podo falar de persoas que xa non están.
Senon eu, quen vai falar delas?
A camelia sinxela, sinceira e sonrosada vive mentres vive ou vive aínda cando xa non vive?
Podo falar de soños, suaves e sonoros que non morren na mente do soñador que xa non respira.
Senon eu, quen vai falar deles?
Quero pensar naquela árbore que creceu sobre as raices dun ser anterior, suave, sinceiro e soñador.
Senon eu, quen vai pensar nela?
Podo sentir os sons doutro latido,
ritmo ausente e acompasado que camiña ao meu carón,
puñal que desgarra a vida durante a súa existencia.
Senon eu, quen vai sentilo?
Quen vai falalo?!
Quen vai pensalo?!
Quen vai sentilo?!
Quen vai vivilo?!
Nun mundo onde as palabras ocas ocupan o lugar dos xenios.
Quen?! Dime quen!
Nunha mente na que os soños esvarecen mentres as mentiras prevalecen.
Quen?! Dime quen!
Ninguén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario