La imaginación y la libertad son como el vuelo ligero del ave que habita en nuestras mentes y corazones, que habita en este blog, en el eco pacifico de una paloma pacifista.
domingo, 5 de enero de 2014
OLYMPIA
(Antes de nada gustaríame pedir perdón polas faltas de ortografía que seguramente haxa)
Durante a Segunda Guerra Mundial, Jeremy obtivo a súa primera maquina de escribir, unha Olympia Mad Robust, pero el chamábaa Olympia. Jeremy tiña dezanove anos, pelo loiro e ollos azuis. Era un xornalista alemán de familia inglesa, e non lle gustaba a idea de matar xudeos . Aínda así encontrábase no exército, pois tratábase dun polizón, que só se alistou para sacar información sobre como vivían alí tanto nazis como xudeos.
O día que se alistou no exécito foi o peor día da súa curta vida. Atopábase no campo de concentración de Auchviz, e tiña que obedecer ás ordes do teniente Kotler, e iso incluía ter que ver aos xudeos mentres eran torturados , ou ver o pobre aspecto que tiñan, ou incluso ver as cinzas que saían da cheminea cando os queimaban. Ese primeiro día , para non vomitar do odio, para non decepcionarse a si mesmo ou as persoas que o rodeaban, púxose a escribir o seu primeiro artigo, que era mais ben unha descrición obxetiva, contando todo con pelos e sinais . Á semán seguinte coñecía xa a todos os seus superiores e como tratar con cada un deles. Aos dous meses xa tiña máis de quince artigos, e tiña que agochalos nun oco debaixo da cama, baixo dúas taboas de madeira que formaban o chan. Nese oco encontrou unha caixa de fotografías de moitos xudeos e xudías que, a pesar de todo, non parecían perder o sorriso. Uns días máis tarde dese gran descubrimiento observou detidamente a unha rapaza , que , aínda que tiña toda a pel manchada de terra, intuíase que tiña unha gran beleza. Estivo pensando nela todo o día, e para distraerse púxose a mirar as fotografías que descubrira fai uns días e alí estaba esa bela rapaza . Mirou a foto por detrás e descubríu una descrición na que poñía que se chamaba Xulia, que tiña dezaoito anos e que os seus parentes taballaron en minas de ouro. Os días seguintes seguiuna a todas partes, dende que se levantaba ata que se deitaba. Ata que un día ela decatouse de que Jeremy a seguía , pero ela non podía nin falarlle, xa que el era un soldado e ela unha xudía. Pasado o mes e medio Jeremy escribiulle a Xulía unha carta de amor, temendo que ela non súbese ler alemán, deixandolla baixo a súa almofada, e deixandolle tamén pluma e tinta baixo a cama, na que dormía ela e a súa nai. Nesta primeira carta de amor , Jeremy confesaballe a Xulia que estaba atraído por ela dende o momento en que a viu por primeira vez, e que non tivese medo de escribirlle unha resposta, que endexamais lle contaría a ninguen que eles dous se comunicaban por carta. Ao día seguinte cando Jeremy despertou, encontrouse unha carta de Xulia ao lado de Olympia. Decíalle que aínda que confiaba nel, porque ninguén se atrevera nunca a escribirlle unha carta tan bonita, non estaba demasiado segura do que ían facer. Xulia estabase namorando de Jeremy e este non paraba de escribirlle cartas de amor, contandolle nelas todo o que sentía e todo o que pensaba ao largo do día , ou a súa opinion sobre as cousas. Aproximadamente medio ano despois da primeira carta , Jeremy pediulle a Xulia unha cita para esa mesma noite. Ela respondeulle que si , temendo o que lle puidese pasar á súa familia se os encontraban xuntos. Esa noite era especial, era a súa primeira cita , e habían quedado na alambrada da parte traseira do campo de concentración, na que por fin se coñeceron en persoa . Déronse bicos, moitos bicos e abrazos . Estiveron xuntos ata as catro da mañá , aproximadamente, logo volveu cada un ao seu. Días máis tarde, mentres Jeremy ía a falar co Teniente Kotler , descubríu que este xa sabía o seu con Xulia, e deu orde de matalos aos dous. Inmediatamente Jeremy foi á sua habitación , colleu a Olympia , os seu artigos , o diñeiro que lle deran por alistarse no exército, e a caixa coas fotografías. Despois quedou con Xulia onde quedara con ela o outro día . Cando esta chegou, Jermy deulle todas as cousas que collera na habitación e explicoulle rapidamente o que sucedera . Xulia tiña que fuxir , pero ela soa , xa que se ían os dous poderían atopalos . Ao principio Xulia non quería deixarlle alí, pero el convenceuna. Unha hora máis tarde Xulia escapou, levando consigo o pesar de deixar alí o seu gran amor e a sua familia. Pouco despois Xulia enterouse de duas cousas , a primeira, a mala, que Jeremy fora asasinado xunto coa súa familia , e a segunda , a boa, que estabaa embarazada. Cando Xulia chegou a Londres o primeiro que fixo foi achegarse ás oficiñas dun periódico, onde firmou un acordo para que publicase os artigos de Jeremy . Meses despois casou con Peter, un xoven e inocente inglés que se enamorou perdidamente de Xulia , e viceversa, pero non foi o mesmo que o que sentíu por Jeremy. Ela sempre levaba consigo a Olympia, o pouco que lle quedaba dun amor que lle salvara a vida, e ao que lle estaría tremendamente agradecida.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Yo no entiendo esto xD o me hablas en castellano o me hablas en castellano jajaja sé que se puede comprender.
ResponderEliminarVerás , es que vivo en Galicia , y de vez en cuando me gusta escribir en galego, pues aunque sea castellanohablante, el galego me parece una lengua muy bonita , por eso de vez en cuando escribo algo en galego , espero que lo entiendas ;)
ResponderEliminar